20 de julio de 2017

NOVAS DE INTERESE

12 de setembro 2017

Aquí vos deixamos un enlace para  que consultedes o listado de escolas deportivas municipais do concello de Pontevedra, podedes consultar a súa programación. prazos de matricula...
http://sede.pontevedra.gal/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=18909077

 
12 de setembro 2017

En breve celebrarase en pontevedra o V festibas das NÚBEBES, un espazo para os mais cativos da casa. 
Esteevento ven cargado de ofertas de teatro, obradoiros, contacontos... dende custo cero a prezos populares, para aquelas familias que vos interese aquí vos deixamos o enlace as actividades que haberá estes días na vila.

https://drive.google.com/file/d/0B5jTYazYWAReZFNZU2ZhcTRPekE/view

 08 de setembro de 2017

  Estas son as actividades extraescolares propostas para este curso 2017/2018




ACTIVIDADES
DÍA
HORA
PREZO
X
TAEKWONDO
Club taekwondo Taekanart
LUNS
MÉRCORES
18:00 a 19:00
15€/mes ( 2 días semana)

ÁBACO
IsaNaveiroS.L.
LUNS
16:30 a 17:30
12€/mes

DEBUXO E PINTURA
Acad. Rafa Prieto
MARTES
16:30 a 18:00
12€/mes

DANZA E BALLET
Martina Dadá S.L.
MARTES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS LÚDICO
IsaNaveiroS.L.
MÉRCORES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS REFORZO 3º-6º primaria
IsaNaveiroS.L.
LUNS

17:30 a 18:30
12€/mes

ROBÓTICA E ANIMACIÓN 3D
PlaycodeacademyS.L.
XOVES
17:00 a 18:00
18€/mes

IOGA FAMILIAR
XOVES

18:00 a 19:00
25€/mes

PISCINA BUDO
Centro Budo
XOVES
16:15 a 17:00
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA BUDO
Centro Budo
VENRES
16:45 a 17:30
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA RÍAS DO SUR
Rías do Sur
VENRES
16:45 a 17:30
30,03 € trimestre



O prazo para incribirse nas actividadesacaba o 22 de setembro,para saber se se fai grupo grupo e poder levar a cabo a actividade. Unha vez que a actividade se realice @s nen@s podernase anotar en calquer momento do curso.





 

 06 de setembro 2017

Poñemos en coñecemento de todas aquelas familias con nenas e fillos entre 5 e 15 anos, que a Deputación de Pontevedra ven de abrir o prazo para a inscripción nun programa totalmente gratuito para que os pequenos poidan realizar o seu deporte favorito.
Adxuntamos o enlace.
https://www.depo.es/es/deporte-escolas 


06 de setembro 2017

Prezadas familias, aquí vos deixamos un enlace a páxina da FANPA para quenes necesitedes descargar a solicitude e ficha de inscripción  para o servicio de madruga do curso 2017-2018.

http://www.nontedurmas.org/fanpa/programas/comedores-e-madruga-de-pontevedra/solicitude-e-ficha-de-inscricion-para-comedor-e-madruga-no-curso-2017-2018/ 

05 de setembro de 2017

Queridas familias, a equipa directiva da ANPA "O AREEIRO" comezmos este novo curso con moitas ganas e ilusión e convidámosvos a participar das xuntanzas e actividades que temos previstas desenrolar ao longo deste curso 2017-2018.  
Desexamos que as nosas cativas e cativos encaren este novo curso con ilusión e agarimo.



31 de agosto de 2017

Nova de interese para as nais e pais con fillas e/ou fillos menores, ata 3 anos.
Acaba de sair o "Bono Coidado"
Para coidar ao que mais vos importa, as vosas cativas e cativos.
Con este bono, se o teu peque se pon enfermo e non pode ir a escola infantil, a Xunta págalle a persoa que vos elixades para que o coide.
Valido para menores de 3 anos.
Este bono soamente se pode solicitar ata o 30 de setembro.
Para todas as familias interesadas, adxuntamos enlace.

http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/planseprogramas?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k_content=%2Fopencms%2FBenestar%2FContidos%2FPlans_e_programas%2Fdocumento_0004.html 


8 de agosto de 2017

Estes días estanse a desenrolar nas diferentes prazas do concello diferentes actividades gratuitas destinadas ao público familiar denominado "Itinerananta".

Outras actividades que podemos atopar na nosa contorna para o disfrute das nosas cativas e cativos, durante este mes de vacacións poden ser:

- A festa do neno o 23 de agosto. (Festa do Demo)
- diferentes obradoiros o 24 de agosto. ( Ponte coqueta).
- 1 e 2 de setembro Feira Franca, con actividades e espectáculos variados.

Adxuntámosvos os enlaces as programacións de festas do conello para poder consultar polo miudo estas actividades a mais de outras.

 http://itineranta.com/gl/programa#dia8

http://www.pontevedra.gal/publicacions/Festas-Veran-2017/#12



1 de agosto de 2017

Dende a directiva da ANPA "O AREEIRO" queremos apoiar a iniciativa dos veciños de Lérez para conseguir un parque infantil para que as nosas nenas e nenos poidan xogar coas suas amiguiñas e amiguiños sen ter que desprazarse a diferentes parques da cidade xa na nosa contorna non contamos con un parque infantil en condicións.
Aquí vos deixamos un recorte de prensa, deste martes 1 de agosto, extraido do Diario de Pontevedra, no que se recollen as queixas da veciñanza. 







20 de julio de 2017

Na equipa directiva da ANPA "O AREEIRO" estamos traballando nas actividades extraescolares do vindeiro curso.

Precisamos da vosa colaboración para escollelas.

As propostas, aparte das xa ofertadas estes anos son:

- Ballet
- Ábaco
- Inglés de reforzo de 1º a 3º de primaria
- Inglés de reforzo de 4º a 6º de primaria
- Francés de reforzo 5º e 6º de primaria
- Ioga familiar

Agradecemos as vosas suxerencias.

Un saudo

No hay comentarios:

Publicar un comentario