NOVAS DE INTERESE

20 de outubro 2017


SAMAÍN 2017

Xa se achega o Samaín... estamos preparando algunha que outra sorpresa, e para ir prepararándonos comezamos coa decoración dos corredores da escola.




Agardamos as vosas suxerencias!!! Recordade que  todas as actividades programadas pola anpa están abertas a tod@s @s soci@s, e agradecemos todas as aportacións e colaboracións!!!!

 12 de outubro 2017

EXTRAESCOLARES DO DÍA 13 DE OUTUBRO

Prezadas familias, informámosvos de que mañan día 13 de outubro  as acticividades extraescolares realizaranse con normalidade, sen estar afectadas pola ponte do Pilar.
Un saudo.


09 de outubro 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

Das actividades propostas pola anpa, tras unha enquisa as familias, as que conseguiron sugiciente número de crianzas para realizarse foron as que a continuación aparecen marcadas en fluorescente.

ACTIVIDADES
DÍA
HORA
PREZO
X
TAEKWONDO
Club taekwondo Taekanart
LUNS
MÉRCORES
18:00 a 19:00
15€/mes ( 2 días semana)

ÁBACO
IsaNaveiroS.L.
LUNS
16:30 a 17:30
12€/mes

DEBUXO E PINTURA
Acad. Rafa Prieto
MARTES
16:30 a 18:00
12€/mes

DANZA E BALLET
Martina Dadá S.L.
MARTES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS LÚDICO
IsaNaveiroS.L.
MÉRCORES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS REFORZO 3º-6º primaria
IsaNaveiroS.L.
LUNS

17:30 a 18:30
12€/mes

ROBÓTICA E ANIMACIÓN 3D
PlaycodeacademyS.L.
XOVES
17:00 a 18:00
18€/mes

IOGA FAMILIAR
XOVES

18:00 a 19:00
25€/mes

PISCINA BUDO
Centro Budo
XOVES
16:15 a 17:00
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA BUDO
Centro Budo
VENRES
16:45 a 17:30
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA RÍAS DO SUR
Rías do Sur
VENRES
16:45 a 17:30
30,03 € trimestre


07 de outubro 2017

PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

Para todas as familias interesadas:
Con data 26 de setembro de 2017 saíron publicadas as bases no marco da “Convocatoria de ayudas para el programa de cultura científica y de la innovación 2016” da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología- Ministerio de Economía y Competitividad.
Un ano máis o Concello de Pontevedra quere presentar o proxecto “Pontenciencia: Feira da miniciencia”, polo que solicitamos a colaboración da súa asociación como posible beneficiaria das actividades que se propoñen.
Achegámosvos un resumo do proxecto e unha carta de apoio que lle solicito devolva asinada (antes do 11 de outubro) se está interesado en participar como beneficiaria, e sen que supoña ningún desembolso económico pola súa parte.
PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

O obxectivo do proxecto é poñer ó alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia: feira da miniciencia.

En primeiro lugar, a partir do mes de xaneiro, impártense obradoiros de formación no método científicoHai dous tipos de obradoiros: dirixidos aos/as escolares de 5º- 6º Educación Primaria, durante a xornada lectiva; e obradoiros dirixidos ás familias que queiran participar cos seus fillos (7-12 anos), que pode realizarse en coordinación coas ANPA dos centros educativos no horario máis axeitado.
Poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.
Posteriormente, tras unha proposta temática dos comités científicos da universidade de Vigo, ou a partir dunha temática libre, cada participante realizará o seu proxecto de investigación, co apoio e a supervisión necesarias. Poderase participar na categoría Ciencia en el cole ou ben Ciencia en familia.
Finalmente poderán presentar o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: feira da miniciencia, e se o desexan participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.
Durante a realización da Feira contaremos con actividade formativas paralelas, como Contacontos, Teatro científico, planetario ou obradoiros diversos.

Participantes
Centros de ensino público do concello de Pontevedra
ANPA dos Centros de ensino público do concello de Pontevedra e FANPA Pontevedra
Universidade de Vigo- Campus de Pontevedra

Coordinación

Concello de Pontevedra


06 de outubro 2017

EXTRAESCOLAR DE BALLET


Aquí vos deixamos o cartel informativo sobre as clases de Ballet.



05 de outubro 2017


NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS QUE PARTICIPEN DAS DIFERENTES ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



  • Para aquelas familias que teñen inscritas as vosas fillas e/ou fillos en inglés:   Comenatarvos que sería aconsellable mandar un botellín de auga as crianzas, igual que    facemos todos os días durante a xornada lectiva.

  • Para as familias que teñades inscritas as vosas fillas e/ou fillos nas piscinas:        Recordade levar ademais do bañador e o gorro de piscina os enseres precisos para duchar as crianzas ao rematar a actividade, así como unhas chanclas para desplazarse polas instalacións con seguridade.

Un cordial saudo, desexamos que o pasedes moi ben!!!!



03 de outubro 2017


DESCONTOS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Prezadas familias informámosvos que as áctividades de Ábaco e inglés lúdico, impartido pola empresa "Isa Naveiro" aplicam un DESCONTO por SEGUNDO IRMÁN matriculado nestas actividades, quedando en 9 euros. tamén se aplicará este desconto as familias que se encontren en PARO e as FAMILIAS NUMEROSAS.

01 de outubro 2017

Nota informativa sobre o grupo de wassap "Socios ANPA"

A Principios de curso dende a ANPA creamos un grupo de difusión a través do wassap para a difusión de información entre as familias, pero por motivos técnicos, non funcionaba correctamenre, polo que este fin de semana fomos eliminando a todos os participantes, xa que non tíñamos outro modo de solucionalo, ao longo da semana engadirémosvos a un grupo de wassap definitivo.
Sentimos todas as molestias creadas.


29 setembro 2017

A ANPA "O Areeiro" informa:
Para levar a cabo a actividade de TAEKWONDO faltan só 3 nen@s para formar grupo. Se hai algún/hu nen@ interesad@, pode apuntarse no teléfono da ANPA ata o sábado 30 de setembro12 de setembro 2017

Aquí vos deixamos un enlace para  que consultedes o listado de escolas deportivas municipais do concello de Pontevedra, podedes consultar a súa programación. prazos de matricula...
http://sede.pontevedra.gal/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=18909077

 
12 de setembro 2017

En breve celebrarase en pontevedra o V festibas das NÚBEBES, un espazo para os mais cativos da casa. 
Esteevento ven cargado de ofertas de teatro, obradoiros, contacontos... dende custo cero a prezos populares, para aquelas familias que vos interese aquí vos deixamos o enlace as actividades que haberá estes días na vila.

https://drive.google.com/file/d/0B5jTYazYWAReZFNZU2ZhcTRPekE/view


 08 de setembro de 2017

Estas son as actividades extraescolares propostas para este curso 2017/2018






ACTIVIDADES
DÍA
HORA
PREZO
X
TAEKWONDO
Club taekwondo Taekanart
LUNS
MÉRCORES
18:00 a 19:00
15€/mes ( 2 días semana)

ÁBACO
IsaNaveiroS.L.
LUNS
16:30 a 17:30
12€/mes

DEBUXO E PINTURA
Acad. Rafa Prieto
MARTES
16:30 a 18:00
12€/mes

DANZA E BALLET
Martina Dadá S.L.
MARTES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS LÚDICO
IsaNaveiroS.L.
MÉRCORES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS REFORZO 3º-6º primaria
IsaNaveiroS.L.
LUNS

17:30 a 18:30
12€/mes

ROBÓTICA E ANIMACIÓN 3D
PlaycodeacademyS.L.
XOVES
17:00 a 18:00
18€/mes

IOGA FAMILIAR
XOVES

18:00 a 19:00
25€/mes

PISCINA BUDO
Centro Budo
XOVES
16:15 a 17:00
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA BUDO
Centro Budo
VENRES
16:45 a 17:30
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA RÍAS DO SUR
Rías do Sur
VENRES
16:45 a 17:30
30,03 € trimestre



O prazo para incribirse nas actividadesacaba o 22 de setembro,para saber se se fai grupo grupo e poder levar a cabo a actividade. Unha vez que a actividade se realice @s nen@s podernase anotar en calquer momento do curso.


06 de setembro 2016

Poñemos en coñecemento de todas aquelas familias con fillas e fillos entre 5 e 15 anos, que a Deputación de Pontevedra ven de abrir o prazo para a inscripción nun programa totalmente gratuito para que os pequenos poidan realizar o seu deporte favorito.
Adxuntamos o enlace.

https://www.depo.es/es/deporte-escolas 


06 de setembro 2017

Prezadas familias, aquí vos deixamos un enlace a páxina da FANPA para quenes necesitedes descargar a solicitude e ficha de inscripción  para o servicio de madruga do curso 2017-2018.

http://www.nontedurmas.org/fanpa/programas/comedores-e-madruga-de-pontevedra/solicitude-e-ficha-de-inscricion-para-comedor-e-madruga-no-curso-2017-2018/ 

05 de setembro de 2017

Queridas familias, a equipa directiva da ANPA "O AREEIRO" comezmos este novo curso con moitas ganas e ilusión e convidámosvos a participar das xuntanzas e actividades que temos previstas desenrolar ao longo deste curso 2017-2018.  
Desexamos que as nosas cativas e cativos encaren este novo curso con ilusión e agarimo.



31 de agosto de 2017

Nova de interese para as nais e pais con fillas e/ou fillos menores, ata 3 anos.
Acaba de sair o "Bono Coidado"
Para coidar ao que mais vos importa, as vosas cativas e cativos.
Con este bono, se o teu peque se pon enfermo e non pode ir a escola infantil, a Xunta págalle a persoa que vos elixades para que o coide.
Valido para menores de 3 anos.
Este bono soamente se pode solicitar ata o 30 de setembro.
Para todas as familias interesadas, adxuntamos enlace.

http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/planseprogramas?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k_content=%2Fopencms%2FBenestar%2FContidos%2FPlans_e_programas%2Fdocumento_0004.html 


8 de agosto de 2017

Estes días estanse a desenrolar nas diferentes prazas do concello diferentes actividades gratuitas destinadas ao público familiar denominado "Itinerananta".

Outras actividades que podemos atopar na nosa contorna para o disfrute das nosas cativas e cativos, durante este mes de vacacións poden ser:

- A festa do neno o 23 de agosto. (Festa do Demo)
- diferentes obradoiros o 24 de agosto. ( Ponte coqueta).
- 1 e 2 de setembro Feira Franca, con actividades e espectáculos variados.

Adxuntámosvos os enlaces as programacións de festas do conello para poder consultar polo miudo estas actividades a mais de outras.

 http://itineranta.com/gl/programa#dia8

http://www.pontevedra.gal/publicacions/Festas-Veran-2017/#12



1 de agosto de 2017

Dende a directiva da ANPA "O AREEIRO" queremos apoiar a iniciativa dos veciños de Lérez para conseguir un parque infantil para que as nosas nenas e nenos poidan xogar coas suas amiguiñas e amiguiños sen ter que desprazarse a diferentes parques da cidade xa na nosa contorna non contamos con un parque infantil en condicións.
Aquí vos deixamos un recorte de prensa, deste martes 1 de agosto, extraido do Diario de Pontevedra, no que se recollen as queixas da veciñanza. 





Na equipa directiva da ANPA "O AREEIRO" estamos traballando nas actividades extraescolares do próximo curso.
Precisamos da vosa colaboración para escollelas.
As propostas, aparte das xa ofertadas estes anos son:

- Ballet
- Ábaco
- Inglés reforzo 1º a 3º de primaria
- Inglés reforzo 4º a 6º de primaria
- Francñes 5º e 6º de primaria
- Ioga familiar

Agradecemos as vosas suxerencias.

Un Saúdo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario