28 de enero de 2018

PONTECENCIENCIA 2018



A todos aqueles que gustedes de participar na feira de miniciencia de Pontevedra, achegámosvos información sobre a celebración da mesma.

Ola
xa estamos iniciando Pontenciencia 2018 e gustaríanos convidarte a participar coa túa familia. Por iso achégote información sobre os obradoiros informativos para alumnos e alumnas de primaria que imos a celebrar, podes elexir entre unha destas datas: 

Sábado 3 de febreiro as 10:30
Xoves 22 de febreiro as 18:00h
ou Sábado 3 de marzo as 10:30h
Na Casa da Luz, Praza da Verdura no Concello de Pontevedra.

Podes inscribirte neste correo, en educacion@pontevedra.eu ou por teléfono 606 128 293
No caso de que non poidas​ asistir e esteas interesado avísanos e comentaremos a mellor solución posible.




24 de diciembre de 2017

PROGRAMA DE NADAL DO CONCELLO DE POIO

Aquí vos deixamos o Programa de Nadal do concello de Poio por se algunha familia está interesada en achegarse durante estas datas.
O concello limitrofe contará coa visita dos Bolechas o 30 de decembro e entre o 2 e o 4 contarán cun espazo infantil " A Burbulla de Nadal" na Seca. e o 5 rematarán está programación coa tradicional Cabalgata de Reis.
Para mais imformación premede na seguinte ligazón, que vos remite a páxina oficial dos nosos veciños.


http://www.concellopoio.gal/index.php/poio-hoxe/459-programa-nadal-en-poio-2017

FESTIVAL DE NADAL DA ANPA ( 1ª Parte)

O pasado Martes 19, a Anpa, en coordinación co profesorado da escola celebramos un pequeno festival onde as nosas cativas e cativos gozaron, tanto participando das actuacións como formando parte do público.
O primeiro grupo que actuou foi o de Inglés ( por mor do frio e das gripes de estas datas, solo contamos con tres dos 12 integrantes do grupo) quenes deron todo na actuación a pesar da vergoña dalgún dos nenos.
Mirade que ben o fixeron!!!



VISITA DE PAPÁ NOËL

O pasado xoves 21, para despedir este curso, recibimos a tradicional visita de Papá Nöel, quen nos trouxo un pequeno agasallo en forma de lambetadas.
Primeiro Vitiou aos mais cativos do cole. As crianzas das aulas de 3, 4 e 5 anos, quenes gozaron moitísimo coa visita de Santa e moitos de eles aproveitaron para pedirlle en persoa os seus desexos e agasallos para estas datas.







Logo Santa dirixiuse a planta superior para falar cos maiores do cole e estes tampouco deixaron escapar a ocasión de contarlle o ben que se portaron para que así lles deixe os seus agasallos baixo a árbore de Nadal.








E aquí tendes o resultado final das lambetadas, jijijijji




GINCANA DE NADAL

Este domingo 24 as 17:00h terá lugar unha "Gincana" pola illa das esculturas está enfocada as nenas e nenos.
Trátasede ir descubrindo uns códigos QR ( polo que necesitarán dun teléfono ou unha tablet) para poder visionar uns pequenos videos nos que se lles pedirá que busquen o seguinte código, seguindo as pistas.
A aventura rematará na casa da luz, onde se lles entregará un diploma a cada crianza onde se lles reconozca como " Guías da illa do Covo"
A Actividade e gratuitae parte da pasarela peatonal da illa.
ANIMÁDEVOS!!!

23 de diciembre de 2017

BOAS FESTAS!!


Dende a Directiva da Anpa "O Areeiro" Queremos desexarvos a todas as familias e a comunidade educativa unhas moi felices festas é un próspero ano novo, en compañía dos vosos!!
 


14 de diciembre de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

Mañán venres 15, varias son as alternarivas de lecer que nos ofrecen os diferentes concellos da contorna, nos intentaremos achegarvos todas aquelas ofertas, das que teñamos coñecemento e que consideramos vos poidan ser de interese, ben sexa pola súa cercanía ou por ser económicas.
Sempre coa unica finalidade de facervos chegar aquela información que vos poida ser de interese.
Así, mañan venres qe de decembro, na biblioteca pública de Pontevedra
 "Antonio Odriozola" ofrecerase unha sesión de contacontos.