Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2017 - 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2017 - 2018. Mostrar todas las entradas

28 de enero de 2018

PONTECENCIENCIA 2018



A todos aqueles que gustedes de participar na feira de miniciencia de Pontevedra, achegámosvos información sobre a celebración da mesma.

Ola
xa estamos iniciando Pontenciencia 2018 e gustaríanos convidarte a participar coa túa familia. Por iso achégote información sobre os obradoiros informativos para alumnos e alumnas de primaria que imos a celebrar, podes elexir entre unha destas datas: 

Sábado 3 de febreiro as 10:30
Xoves 22 de febreiro as 18:00h
ou Sábado 3 de marzo as 10:30h
Na Casa da Luz, Praza da Verdura no Concello de Pontevedra.

Podes inscribirte neste correo, en educacion@pontevedra.eu ou por teléfono 606 128 293
No caso de que non poidas​ asistir e esteas interesado avísanos e comentaremos a mellor solución posible.




24 de diciembre de 2017

VISITA DE PAPÁ NOËL

O pasado xoves 21, para despedir este curso, recibimos a tradicional visita de Papá Nöel, quen nos trouxo un pequeno agasallo en forma de lambetadas.
Primeiro Vitiou aos mais cativos do cole. As crianzas das aulas de 3, 4 e 5 anos, quenes gozaron moitísimo coa visita de Santa e moitos de eles aproveitaron para pedirlle en persoa os seus desexos e agasallos para estas datas.







Logo Santa dirixiuse a planta superior para falar cos maiores do cole e estes tampouco deixaron escapar a ocasión de contarlle o ben que se portaron para que así lles deixe os seus agasallos baixo a árbore de Nadal.








E aquí tendes o resultado final das lambetadas, jijijijji




GINCANA DE NADAL

Este domingo 24 as 17:00h terá lugar unha "Gincana" pola illa das esculturas está enfocada as nenas e nenos.
Trátasede ir descubrindo uns códigos QR ( polo que necesitarán dun teléfono ou unha tablet) para poder visionar uns pequenos videos nos que se lles pedirá que busquen o seguinte código, seguindo as pistas.
A aventura rematará na casa da luz, onde se lles entregará un diploma a cada crianza onde se lles reconozca como " Guías da illa do Covo"
A Actividade e gratuitae parte da pasarela peatonal da illa.
ANIMÁDEVOS!!!

23 de diciembre de 2017

BOAS FESTAS!!


Dende a Directiva da Anpa "O Areeiro" Queremos desexarvos a todas as familias e a comunidade educativa unhas moi felices festas é un próspero ano novo, en compañía dos vosos!!
 


14 de diciembre de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

Mañán venres 15, varias son as alternarivas de lecer que nos ofrecen os diferentes concellos da contorna, nos intentaremos achegarvos todas aquelas ofertas, das que teñamos coñecemento e que consideramos vos poidan ser de interese, ben sexa pola súa cercanía ou por ser económicas.
Sempre coa unica finalidade de facervos chegar aquela información que vos poida ser de interese.
Así, mañan venres qe de decembro, na biblioteca pública de Pontevedra
 "Antonio Odriozola" ofrecerase unha sesión de contacontos.


TIOVIVO DE VALDE NO CONCELLO DE MARÍN

Durante estas festas a asociación de comerciantes de Marín colocará un tiovivo na alameda do concello, e convidan este venres 15 de decembro as 18:00h  a unha volta de valde no mesmo. así que se vos interesa, aqui tendes unha boa actividade para a familia!!Aquí vos deixamos a información comparida por Estrela de Marín.



ACTIVIDADES DE INTERESE NA CONTORNA

Dende a Anpa queremos facernos eco dunha actividade desenrolada por as anpas dos centros educativos do concello de Marín, mañan venres día 15 de decembro a partir das 17:00h.
A pesar de non ser en Pontevedra animámosvos a achegarvos a todos aqueles que vos encontredes pola xona


13 de diciembre de 2017

OBRADOIRIO DÍA 7 DE DECEMBRO

O pasado 7 de decembro, gracias a empresa "Isa Naveiro", tivemos a gran sorte de poder pasar unha mañan moi agradable coasnosas nenas e nenos mentres os seus papás e mamás traballaban.
Pasámolo moi ben...
Primeiro recortamos, pegamos, coloreamos...

 Xuntos pásomolo xenial!!!


 Aquí tendes o resultado desta mañan de traballo e diversión.

 As nosas camisetas feitas por nós!!

 Unhas fermosas árbores de nadal para decorar a nosa casa
 As nosas postais de Nadal

E inda sacamos algo de tempo para xogar ao escondite inglés, para bailar e salta...

ACTIVIDADES DE NADAL NA CONTORNA

Dende a ANPA queremos compartit con vós diferentes actividades que poden ser do voso interese de cara ao nadal.
Aquí tendes as actividades que está desenrolando O Piñeiro.


30 de noviembre de 2017

lISTADO DE EMPRESAS QUE OFRECEN DESCONTOS AS SOCIAS E SOCIOS DA ANPA


Aquí tendes o listado de empresas que durante este ano ofrecéronos desconto son:

Papelería y Material técnico A3 S.L. con desconto 10% agás ofertas.
C/ Marquesa, 5 Local 1 Bajo Pontevedra

Asevedra CB con desconto de 15%.
Encuadernaciones Codex con desconto do 10%.
C/ Marquesa, 5-3 Pontevedra

Pontejabón con desconto 10%.
C/ Marquesa, s/n Pontevedra

Ares papelería S.L. con desconto do 5% solo en papelería.
C/ Michelena, 9 Bajo Pontevedra

Adriana Díaz García – ortodoncia especializada con descontó 10%.
C/ Fray Juan de Navarrete, 5 Entresuelo Pontevedra

Sube Aminube con desconto do 15%.
C/Rouco, 8 Pontevedra

Taconé (Zapatería) con desconto do 10%.
C/ Juan Bautista Andrade, 2 Pontevedra

Diego Portela Abal (Librería Sant-Yago) con desconto do 5% en texto e 10% en material escolar.
C/ Juan Bautista Andrade, 1 Pontevedra.

Mercería Rosa Ferreira con desconto do 5%.
C/ Luís Otero, 1 Pontevedra

Gestión Sanitaria Gallega S.L.U con desconto do 10%.
C/ Eduardo Pondal, 68 Pontevedra

L´Cigüeña con desconto do 15%.
C/ Juan Bautista Andrade, 3 Pontevedra

Centro de Idiomas Waterford Matrícula Gratis.
C/ Benito Corbal, 13 Pontevedra

Kiddy´s (Peluquería infantil) con desconto do 10%.
Galerias de la Oliva, 6 Pontevedra

Gabinete de Psicología EDICC con desconto do 20% en terapia psicológica, TDH, terapia de pareja, falta de atención, acoso escolar, mediación, miedos, ansiedad, ira…
C/ Castelao, 7 4ºA   Pontevedra. Contacto: 649882605

Peluquería- Tratamientos estéticos “Dona Bela” con descontó do 15% en tratamentos estéticos e láser.
C/ Leandro del Río Carnota, 13 Bajo Pontevedra

PARA QUE SE APLIQUEN OS DESCONTOS SERÁ IMPRESCINDIBLE PRESENRAR O CARNÉ DE SOCIO DA ANPA

28 de noviembre de 2017

Obradoiros de nadal

Dende a Anpa queremos ofrecerás familiasuns Obradoiros de Nadal para o día 7 de decembro, como opción para conciliar a vida familiar e escolar, e coordinado pola empresa de ocio e tempo libre "ISA NAVEIRO"

O horario vai ser de 9:00h a 14:00h, na aula da ANPA e cun prezo de 5€ por nen@

As actividades que se lebarán a cabo serán:
  • Decoración navideña de camisetas ( para isto será preciso traer unha camiseta de algodón branca ou dunha cor clariña)
  • Adornos de Nadal en goma-eva.
  • Ginkhana de xogos tradicionais
  • Pausa para a merenda
As familias que estean interesadas poderán apuntarseaté o Venres 1 de decembro, na aula da ANPA, ou no whatsapp da mesma.O importe da actividade tamén se aboará ata o venres 1 de decembro.

O Obradoiro levarase a cabo se se consegue un mínimo de 12 inscritos. E ainscrición será por orde de chegada.

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Estimadas nais e pais:
Dende a ANPA queremos convidarvos a unha charla sobre acoso escolar impartida por D. Roberto Carrera Solís, polícia Nacional. Abordaránse temas como pautas de detección,compartamentos e actitudes.
Terá lugar o vindeiro, martes 5 de Decembro, as 17:00h na biblioteca da escola. A Charla está dirixida a público adulto, prégase acudir sen nen@s.

                                                                                             Sempre a vosa disposición, recivide un saudo.

3 de noviembre de 2017

FESTA DO SAMAÍN


Este Martes vimos de festexar o Samaín na nosa escola, e dende a ANPA queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, tanto polas vosas aportacións para a merenda, como o equipo de música, a axuda a colocar e recoller a festa...
Aquñi vos deixamos unha pequena mostra do que deu de sí a festa...

 
  O Primeiro foi acondicionar o patio para unha tarde terrorificamente divertida, esto non podería facerse sen a vosa colaboración.


Unha vez decorado o patio xa poidemos comezar coa diversión...

   
Pouco a pouco foron chegando as familias, uns decidiron comezar coa maquillaxe, outros co fotocol, os maiores preferiron correr e xogar nas pistas mentras as familias charlaban no patio cuberto.


Maiores e pequenos gozaron xuntos dos terroríficos xogos. Os que mais gustaron foron a busqueda de ollos e o sogo das cadeiras terroríficas, este xogo non sería posible sen a colaboración da mamá de Adrián, Lucia, quen amenizou a tarde con música terrorífica, tematando a noitiña con bailes de chuchuá e momias!!!!



Despois de xogar tocou merendar, con doces típicos destas datas e lambetadas varias que xuntamos entre tod@s!!!

  
Entre petisco e petisco seguimos xogando e pasando unha tarde fabulosa en familia.



Para tematar tamén xogamos as momias, donde tres nenos tiñas que facer un traxe de momia a un compañeiro. Foi moi divertido


Para rematar prepáramos as nosas cabazas e calacús para facer unha pequena exposición. Foi moi entretido e pringoso!!!


 Mirade que chulas quedaron todas elas!!!


As nosas Bruxiñas despídense ata o ano que ven!!!


 DESEXÁMOS QUE DISFRUTASEDES TANTO DA TARDE COMA NÓS.

AGARDÁMOSVOS NA SEGUINTE XUNTANZA DE FAMILIAS!!!!!

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 27 de outubro 2017



O día 31 de outubro das 17h. ás 19h. imos festexar o SAMAÍN na nosa escola.
Todos podemos vir disfrazados e haberá moita dicersión, e...
  • decoración de cabazas
  • maquillaxe
  • xogos e música "terrorífico"
  • chocolatada e doces típicos. ( que poden traer papá e mamá)
As familias que sesexen decorar as cabazas deberán traelas e @s nen@s terán que estar acompañados dun adulto. Tamén se poden traer doces para acompañar o chocolate.
ENTRADA SOCIOS 1 €
ENTRADA NON SOCIOS 2 €
As entradas poderanse mercar na aula da ANPA ou mo mesmo día 31. Esperámosvos a todos!!!

AGARDÁMOSVOS!!!

Xuntanza das familias con motivo do samaín 23 de outubro 2017

Xa se vai achegando o día de todos os santos, e con el a festividade do Samaín, unha data que para as nosas pequenas e pequenos está chea de ilusión emocións e sustos!!
Para facer deste día unha data especial para as crianzas dende a "Anpa" convidámosvos a todas as familias a pasar unha xornada xuntos. gozando dun chocolate quentiño e actividades variadas para as nenas e nenos.


Solo recordarvos que @s nen@s deberan estar acompañados por un adulto.


Se queredes podedes traer doces típicos destas datas para acompañar o chocolate

Preparando o samain 20 de outubro 2017

SAMAÍN 2017

Xa se achega o Samaín... estamos preparando algunha que outra sorpresa, e para ir prepararándonos comezamos coa decoración dos corredores da escola.




Agardamos as vosas suxerencias!!! Recordade que  todas as actividades programadas pola anpa están abertas a tod@s @s soci@s, e agradecemos todas as aportacións e colaboracións!!!!

EXTRAESCOLARES DO DÍA 13 DE OUTUBRO

 12 de outubro 2017

EXTRAESCOLARES DO DÍA 13 DE OUTUBRO

Prezadas familias, informámosvos de que mañan día 13 de outubro  as acticividades extraescolares realizaranse con normalidade, sen estar afectadas pola ponte do Pilar.
Un saudo.

LISTAXE FINAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

09 de outubro 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

Das actividades propostas pola anpa, tras unha enquisa as familias, as que conseguiron sugiciente número de crianzas para realizarse foron as que a continuación aparecen marcadas en fluorescente.

ACTIVIDADES
DÍA
HORA
PREZO
X
TAEKWONDO
Club taekwondo Taekanart
LUNS
MÉRCORES
18:00 a 19:00
15€/mes ( 2 días semana)

ÁBACO
IsaNaveiroS.L.
LUNS
16:30 a 17:30
12€/mes

DEBUXO E PINTURA
Acad. Rafa Prieto
MARTES
16:30 a 18:00
12€/mes

DANZA E BALLET
Martina Dadá S.L.
MARTES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS LÚDICO
IsaNaveiroS.L.
MÉRCORES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS REFORZO 3º-6º primaria
IsaNaveiroS.L.
LUNS

17:30 a 18:30
12€/mes

ROBÓTICA E ANIMACIÓN 3D
PlaycodeacademyS.L.
XOVES
17:00 a 18:00
18€/mes

IOGA FAMILIAR
XOVES

18:00 a 19:00
25€/mes

PISCINA BUDO
Centro Budo
XOVES
16:15 a 17:00
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA BUDO
Centro Budo
VENRES
16:45 a 17:30
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA RÍAS DO SUR
Rías do Sur
VENRES
16:45 a 17:30
30,03 € trimestre


PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

07 de outubro 2017

PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

Para todas as familias interesadas:
Con data 26 de setembro de 2017 saíron publicadas as bases no marco da “Convocatoria de ayudas para el programa de cultura científica y de la innovación 2016” da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología- Ministerio de Economía y Competitividad.
Un ano máis o Concello de Pontevedra quere presentar o proxecto “Pontenciencia: Feira da miniciencia”, polo que solicitamos a colaboración da súa asociación como posible beneficiaria das actividades que se propoñen.
Achegámosvos un resumo do proxecto e unha carta de apoio que lle solicito devolva asinada (antes do 11 de outubro) se está interesado en participar como beneficiaria, e sen que supoña ningún desembolso económico pola súa parte.
PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

O obxectivo do proxecto é poñer ó alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia: feira da miniciencia.

En primeiro lugar, a partir do mes de xaneiro, impártense obradoiros de formación no método científicoHai dous tipos de obradoiros: dirixidos aos/as escolares de 5º- 6º Educación Primaria, durante a xornada lectiva; e obradoiros dirixidos ás familias que queiran participar cos seus fillos (7-12 anos), que pode realizarse en coordinación coas ANPA dos centros educativos no horario máis axeitado.
Poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.
Posteriormente, tras unha proposta temática dos comités científicos da universidade de Vigo, ou a partir dunha temática libre, cada participante realizará o seu proxecto de investigación, co apoio e a supervisión necesarias. Poderase participar na categoría Ciencia en el cole ou ben Ciencia en familia.
Finalmente poderán presentar o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: feira da miniciencia, e se o desexan participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.
Durante a realización da Feira contaremos con actividade formativas paralelas, como Contacontos, Teatro científico, planetario ou obradoiros diversos.

Participantes
Centros de ensino público do concello de Pontevedra
ANPA dos Centros de ensino público do concello de Pontevedra e FANPA Pontevedra
Universidade de Vigo- Campus de Pontevedra

Coordinación

Concello de Pontevedra

EXTRAESCOLAR DE BALLET

EXTRAESCOLAR DE BALLET


Aquí vos deixamos o cartel informativo sobre as clases de Ballet.