3 de noviembre de 2017

FESTA DO SAMAÍN


Este Martes vimos de festexar o Samaín na nosa escola, e dende a ANPA queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, tanto polas vosas aportacións para a merenda, como o equipo de música, a axuda a colocar e recoller a festa...
Aquñi vos deixamos unha pequena mostra do que deu de sí a festa...

 
  O Primeiro foi acondicionar o patio para unha tarde terrorificamente divertida, esto non podería facerse sen a vosa colaboración.


Unha vez decorado o patio xa poidemos comezar coa diversión...

   
Pouco a pouco foron chegando as familias, uns decidiron comezar coa maquillaxe, outros co fotocol, os maiores preferiron correr e xogar nas pistas mentras as familias charlaban no patio cuberto.


Maiores e pequenos gozaron xuntos dos terroríficos xogos. Os que mais gustaron foron a busqueda de ollos e o sogo das cadeiras terroríficas, este xogo non sería posible sen a colaboración da mamá de Adrián, Lucia, quen amenizou a tarde con música terrorífica, tematando a noitiña con bailes de chuchuá e momias!!!!



Despois de xogar tocou merendar, con doces típicos destas datas e lambetadas varias que xuntamos entre tod@s!!!

  
Entre petisco e petisco seguimos xogando e pasando unha tarde fabulosa en familia.



Para tematar tamén xogamos as momias, donde tres nenos tiñas que facer un traxe de momia a un compañeiro. Foi moi divertido


Para rematar prepáramos as nosas cabazas e calacús para facer unha pequena exposición. Foi moi entretido e pringoso!!!


 Mirade que chulas quedaron todas elas!!!


As nosas Bruxiñas despídense ata o ano que ven!!!


 DESEXÁMOS QUE DISFRUTASEDES TANTO DA TARDE COMA NÓS.

AGARDÁMOSVOS NA SEGUINTE XUNTANZA DE FAMILIAS!!!!!

NOTA INFORMATIVA SOBRE A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 27 de outubro 2017



O día 31 de outubro das 17h. ás 19h. imos festexar o SAMAÍN na nosa escola.
Todos podemos vir disfrazados e haberá moita dicersión, e...
  • decoración de cabazas
  • maquillaxe
  • xogos e música "terrorífico"
  • chocolatada e doces típicos. ( que poden traer papá e mamá)
As familias que sesexen decorar as cabazas deberán traelas e @s nen@s terán que estar acompañados dun adulto. Tamén se poden traer doces para acompañar o chocolate.
ENTRADA SOCIOS 1 €
ENTRADA NON SOCIOS 2 €
As entradas poderanse mercar na aula da ANPA ou mo mesmo día 31. Esperámosvos a todos!!!

AGARDÁMOSVOS!!!

Xuntanza das familias con motivo do samaín 23 de outubro 2017

Xa se vai achegando o día de todos os santos, e con el a festividade do Samaín, unha data que para as nosas pequenas e pequenos está chea de ilusión emocións e sustos!!
Para facer deste día unha data especial para as crianzas dende a "Anpa" convidámosvos a todas as familias a pasar unha xornada xuntos. gozando dun chocolate quentiño e actividades variadas para as nenas e nenos.


Solo recordarvos que @s nen@s deberan estar acompañados por un adulto.


Se queredes podedes traer doces típicos destas datas para acompañar o chocolate

Preparando o samain 20 de outubro 2017

SAMAÍN 2017

Xa se achega o Samaín... estamos preparando algunha que outra sorpresa, e para ir prepararándonos comezamos coa decoración dos corredores da escola.




Agardamos as vosas suxerencias!!! Recordade que  todas as actividades programadas pola anpa están abertas a tod@s @s soci@s, e agradecemos todas as aportacións e colaboracións!!!!

EXTRAESCOLARES DO DÍA 13 DE OUTUBRO

 12 de outubro 2017

EXTRAESCOLARES DO DÍA 13 DE OUTUBRO

Prezadas familias, informámosvos de que mañan día 13 de outubro  as acticividades extraescolares realizaranse con normalidade, sen estar afectadas pola ponte do Pilar.
Un saudo.

LISTAXE FINAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

09 de outubro 2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-2018

Das actividades propostas pola anpa, tras unha enquisa as familias, as que conseguiron sugiciente número de crianzas para realizarse foron as que a continuación aparecen marcadas en fluorescente.

ACTIVIDADES
DÍA
HORA
PREZO
X
TAEKWONDO
Club taekwondo Taekanart
LUNS
MÉRCORES
18:00 a 19:00
15€/mes ( 2 días semana)

ÁBACO
IsaNaveiroS.L.
LUNS
16:30 a 17:30
12€/mes

DEBUXO E PINTURA
Acad. Rafa Prieto
MARTES
16:30 a 18:00
12€/mes

DANZA E BALLET
Martina Dadá S.L.
MARTES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS LÚDICO
IsaNaveiroS.L.
MÉRCORES
16:30 a 17:30
12€/mes

INGLÉS REFORZO 3º-6º primaria
IsaNaveiroS.L.
LUNS

17:30 a 18:30
12€/mes

ROBÓTICA E ANIMACIÓN 3D
PlaycodeacademyS.L.
XOVES
17:00 a 18:00
18€/mes

IOGA FAMILIAR
XOVES

18:00 a 19:00
25€/mes

PISCINA BUDO
Centro Budo
XOVES
16:15 a 17:00
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA BUDO
Centro Budo
VENRES
16:45 a 17:30
48€/trimestre ata 6 anos
39€/trimestre desde6 anos

PISCINA RÍAS DO SUR
Rías do Sur
VENRES
16:45 a 17:30
30,03 € trimestre


PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

07 de outubro 2017

PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

Para todas as familias interesadas:
Con data 26 de setembro de 2017 saíron publicadas as bases no marco da “Convocatoria de ayudas para el programa de cultura científica y de la innovación 2016” da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología- Ministerio de Economía y Competitividad.
Un ano máis o Concello de Pontevedra quere presentar o proxecto “Pontenciencia: Feira da miniciencia”, polo que solicitamos a colaboración da súa asociación como posible beneficiaria das actividades que se propoñen.
Achegámosvos un resumo do proxecto e unha carta de apoio que lle solicito devolva asinada (antes do 11 de outubro) se está interesado en participar como beneficiaria, e sen que supoña ningún desembolso económico pola súa parte.
PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

O obxectivo do proxecto é poñer ó alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia: feira da miniciencia.

En primeiro lugar, a partir do mes de xaneiro, impártense obradoiros de formación no método científicoHai dous tipos de obradoiros: dirixidos aos/as escolares de 5º- 6º Educación Primaria, durante a xornada lectiva; e obradoiros dirixidos ás familias que queiran participar cos seus fillos (7-12 anos), que pode realizarse en coordinación coas ANPA dos centros educativos no horario máis axeitado.
Poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.
Posteriormente, tras unha proposta temática dos comités científicos da universidade de Vigo, ou a partir dunha temática libre, cada participante realizará o seu proxecto de investigación, co apoio e a supervisión necesarias. Poderase participar na categoría Ciencia en el cole ou ben Ciencia en familia.
Finalmente poderán presentar o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: feira da miniciencia, e se o desexan participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.
Durante a realización da Feira contaremos con actividade formativas paralelas, como Contacontos, Teatro científico, planetario ou obradoiros diversos.

Participantes
Centros de ensino público do concello de Pontevedra
ANPA dos Centros de ensino público do concello de Pontevedra e FANPA Pontevedra
Universidade de Vigo- Campus de Pontevedra

Coordinación

Concello de Pontevedra