Mostrando entradas con la etiqueta Actividades na contorna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades na contorna. Mostrar todas las entradas

28 de enero de 2018

PONTECENCIENCIA 2018



A todos aqueles que gustedes de participar na feira de miniciencia de Pontevedra, achegámosvos información sobre a celebración da mesma.

Ola
xa estamos iniciando Pontenciencia 2018 e gustaríanos convidarte a participar coa túa familia. Por iso achégote información sobre os obradoiros informativos para alumnos e alumnas de primaria que imos a celebrar, podes elexir entre unha destas datas: 

Sábado 3 de febreiro as 10:30
Xoves 22 de febreiro as 18:00h
ou Sábado 3 de marzo as 10:30h
Na Casa da Luz, Praza da Verdura no Concello de Pontevedra.

Podes inscribirte neste correo, en educacion@pontevedra.eu ou por teléfono 606 128 293
​
No caso de que non poidas​ asistir e esteas interesado avísanos e comentaremos a mellor solución posible.




24 de diciembre de 2017

GINCANA DE NADAL

Este domingo 24 as 17:00h terá lugar unha "Gincana" pola illa das esculturas está enfocada as nenas e nenos.
Trátasede ir descubrindo uns códigos QR ( polo que necesitarán dun teléfono ou unha tablet) para poder visionar uns pequenos videos nos que se lles pedirá que busquen o seguinte código, seguindo as pistas.
A aventura rematará na casa da luz, onde se lles entregará un diploma a cada crianza onde se lles reconozca como " Guías da illa do Covo"
A Actividade e gratuitae parte da pasarela peatonal da illa.
ANIMÁDEVOS!!!

14 de diciembre de 2017

ACTIVIDADES DE INTERESE NA CONTORNA

Dende a Anpa queremos facernos eco dunha actividade desenrolada por as anpas dos centros educativos do concello de Marín, mañan venres día 15 de decembro a partir das 17:00h.
A pesar de non ser en Pontevedra animámosvos a achegarvos a todos aqueles que vos encontredes pola xona


3 de noviembre de 2017

PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

07 de outubro 2017

PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

Para todas as familias interesadas:
Con data 26 de setembro de 2017 saíron publicadas as bases no marco da “Convocatoria de ayudas para el programa de cultura científica y de la innovación 2016” da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología- Ministerio de Economía y Competitividad.
Un ano máis o Concello de Pontevedra quere presentar o proxecto “Pontenciencia: Feira da miniciencia”, polo que solicitamos a colaboración da súa asociación como posible beneficiaria das actividades que se propoñen.
Achegámosvos un resumo do proxecto e unha carta de apoio que lle solicito devolva asinada (antes do 11 de outubro) se está interesado en participar como beneficiaria, e sen que supoña ningún desembolso económico pola súa parte.
PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

O obxectivo do proxecto é poñer ó alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia: feira da miniciencia.

En primeiro lugar, a partir do mes de xaneiro, impártense obradoiros de formación no método científico. Hai dous tipos de obradoiros: dirixidos aos/as escolares de 5º- 6º Educación Primaria, durante a xornada lectiva; e obradoiros dirixidos ás familias que queiran participar cos seus fillos (7-12 anos), que pode realizarse en coordinación coas ANPA dos centros educativos no horario máis axeitado.
Poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.
Posteriormente, tras unha proposta temática dos comités científicos da universidade de Vigo, ou a partir dunha temática libre, cada participante realizará o seu proxecto de investigación, co apoio e a supervisión necesarias. Poderase participar na categoría Ciencia en el cole ou ben Ciencia en familia.
Finalmente poderán presentar o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: feira da miniciencia, e se o desexan participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.
Durante a realización da Feira contaremos con actividade formativas paralelas, como Contacontos, Teatro científico, planetario ou obradoiros diversos.

Participantes
Centros de ensino público do concello de Pontevedra
ANPA dos Centros de ensino público do concello de Pontevedra e FANPA Pontevedra
Universidade de Vigo- Campus de Pontevedra

Coordinación

Concello de Pontevedra

TAEKWONDO

29 setembro 2017

A ANPA "O Areeiro" informa:
Para levar a cabo a actividade de TAEKWONDO faltan só 3 nen@s para formar grupo. Se hai algún/hu nen@ interesad@, pode apuntarse no teléfono da ANPA ata o sábado 30 de setembro12 de setembro 2017

Aquí vos deixamos un enlace para  que consultedes o listado de escolas deportivas municipais do concello de Pontevedra, podedes consultar a súa programación. prazos de matricula...
http://sede.pontevedra.gal/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=18909077

Nubebes

12 de setembro 2017

En breve celebrarase en pontevedra o V festibas das NÚBEBES, un espazo para os mais cativos da casa. 
Esteevento ven cargado de ofertas de teatro, obradoiros, contacontos... dende custo cero a prezos populares, para aquelas familias que vos interese aquí vos deixamos o enlace as actividades que haberá estes días na vila.

https://drive.google.com/file/d/0B5jTYazYWAReZFNZU2ZhcTRPekE/view

Actividades da contorna 6 de setembro 2017

06 de setembro 2017

Poñemos en coñecemento de todas aquelas familias con fillas e fillos entre 5 e 15 anos, que a Deputación de Pontevedra ven de abrir o prazo para a inscripción nun programa totalmente gratuito para que os pequenos poidan realizar o seu deporte favorito.
Adxuntamos o enlace.

https://www.depo.es/es/deporte-escolas 

Actividades de veran

8 de agosto de 2017

Estes días estanse a desenrolar nas diferentes prazas do concello diferentes actividades gratuitas destinadas ao público familiar denominado "Itinerananta".

Outras actividades que podemos atopar na nosa contorna para o disfrute das nosas cativas e cativos, durante este mes de vacacións poden ser:

- A festa do neno o 23 de agosto. (Festa do Demo)
- diferentes obradoiros o 24 de agosto. ( Ponte coqueta).
- 1 e 2 de setembro Feira Franca, con actividades e espectáculos variados.

Adxuntámosvos os enlaces as programacións de festas do conello para poder consultar polo miudo estas actividades a mais de outras.

 http://itineranta.com/gl/programa#dia8

http://www.pontevedra.gal/publicacions/Festas-Veran-2017/#12