3 de noviembre de 2017

PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

07 de outubro 2017

PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

Para todas as familias interesadas:
Con data 26 de setembro de 2017 saíron publicadas as bases no marco da “Convocatoria de ayudas para el programa de cultura científica y de la innovación 2016” da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología- Ministerio de Economía y Competitividad.
Un ano máis o Concello de Pontevedra quere presentar o proxecto “Pontenciencia: Feira da miniciencia”, polo que solicitamos a colaboración da súa asociación como posible beneficiaria das actividades que se propoñen.
Achegámosvos un resumo do proxecto e unha carta de apoio que lle solicito devolva asinada (antes do 11 de outubro) se está interesado en participar como beneficiaria, e sen que supoña ningún desembolso económico pola súa parte.
PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

O obxectivo do proxecto é poñer ó alcance dos cidadáns un conxunto de ferramentas e actividades que proxecten unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación para poder celebrar unha feira de ciencias, que denominamos Pontenciencia: feira da miniciencia.

En primeiro lugar, a partir do mes de xaneiro, impártense obradoiros de formación no método científicoHai dous tipos de obradoiros: dirixidos aos/as escolares de 5º- 6º Educación Primaria, durante a xornada lectiva; e obradoiros dirixidos ás familias que queiran participar cos seus fillos (7-12 anos), que pode realizarse en coordinación coas ANPA dos centros educativos no horario máis axeitado.
Poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.
Posteriormente, tras unha proposta temática dos comités científicos da universidade de Vigo, ou a partir dunha temática libre, cada participante realizará o seu proxecto de investigación, co apoio e a supervisión necesarias. Poderase participar na categoría Ciencia en el cole ou ben Ciencia en familia.
Finalmente poderán presentar o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: feira da miniciencia, e se o desexan participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.
Durante a realización da Feira contaremos con actividade formativas paralelas, como Contacontos, Teatro científico, planetario ou obradoiros diversos.

Participantes
Centros de ensino público do concello de Pontevedra
ANPA dos Centros de ensino público do concello de Pontevedra e FANPA Pontevedra
Universidade de Vigo- Campus de Pontevedra

Coordinación

Concello de Pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario