ESTATUTOS DA ANPA
" O AREEIRO" DO C.E.I.P. SAN BENITO DE LEREZ
CAPITULO
I
DENOMINACIÓN,
FINS, DOMICILIO, ÁMBITO:
Artigo
1º.: Coa denominación Asociación de nais e pais de
alumnos " O AREEIRO" do C.E.I.P. SAN BENITO DE LEREZ
constitúese esta entidade, ó amparo da Lei Orgánica do Dereito á
Educación 8/1985 e da Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo,
reguladora do Dereito de Asociación e demais leis e disposicións
complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de
obrar, carecendo de ánimo de lucro.
Artigo
2º.: Esta Asociación constitúese por tempo indefinido.
Artigo
3º.: Terá como fins os seguintes puntos:
a) Asistir ós
pais, nais e titores/as en todo aquilo que concerne á educación dos
seus fillos/as e pupilos/as.
b) Colaborar
nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
c) Promove-la
participación dos pais e nais dos alumnos/as na xestión do Centro.
d) Asistir ós
pais e nais dos alumnos/as no exercicio do seu dereito a intervir no
control e xestión do Centro.
e) Facilita-la
representación dos pais e nais de alumnos/as no Consello Escolar do
Centro.
f) Estimula-la
participación dos pais e nais de alumnos/as na programación xeral
do ensino a través do órgano colexiado correspondente.
g) Fomenta-las
relacións de cooperación do Centro con outros establecementos
escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.
i) Requirir ós
poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de
actuación relativos á educación, recabando a atención e axudas
que esta merece.
j) Promover
actividades formativas, culturais e de estudio.
k) Promover
reunións de colaboración de pais e nais co profesorado e as boas
relacións entre ámbolos dous sectores.
l) E todos
aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á
lei.
m) Promove-la
integración dos nenos/as con necesidades especiais.
ñ) Reivindicar e
participar nos Consellos Escolares Municipais.
o) Promover
federacións municipais e participar na federación provincial.
p) Promover
xornadas de traballo e convivencia entre pais e nais, alumnado e
profesorado.
Artigo
4º.: Para o cumprimento destes fins, realizaranse,
loxicamente, todas aquelas actividades formativas, culturais e de
estudio e reunións con tódolos sectores da comunidade educativa e
todas aquelas outras tendentes a cumprir os fins sinalados e que
sexan conformes á lei e decididas polos órganos competentes.
Artigo
5º.: A). Para a realización das
actividades que lle son propias, a Asociación utilizará locais do
Centro, para o que o Director facilitará a integración de
devanditas actividades na vida escolar tendo en conta o normal
desenvolvemento da mesma.
B). A efectos da utilización dos locais do Centro a que se refire
o apartado anterior, será necesaria a previa comunicación da Xunta
Directiva da Asociación á Dirección do Centro.
Artigo
6º.: Para o mellor cumprimento dos fins, esta Asociación
intégrase na Federación Provincial de A.P.A.s de Centros Públicos
de Pontevedra e conxuntamente con outras A.P.A.s na Confederación
Galega de A.P.A.s de Centros Públicos (CONFAPA-GALICIA) e a nivel
estatal na Confederación Española de A.P.A.s (CEAPA). Tamén a
Asociación podería participar noutras iniciativas de ámbito
municipal e/ou comarcal que puidesen xurdir.
Artigo
7º.: O seu domicilio fixase no
C.E.I.P. San Benito de Lerez C/ Cruceiro, Nº 57 , CP 36156.
Artigo
8º.: O ambito social da Asociación
é local (ou alcanzará a tódolos concellos onde residan os alumnos
do Centro Educativo).
CAPÍTULO
II
ÓRGANO DE
REPRESENTACIÓN
Artigo 9º.:
A Asociación estará representada e administrada por unha Xunta
Directiva formada por:
-
Presidente/a,
-
Secretario/a,
-
Administrador/a-Tesoureiro/a,
-
Vocais: Un mínimo de 2.
Tódolos
cargos que compoñen a Xunta Directiva non recibirán ningunha
retribución .Estes serán designados e revocados pola Asamblea Xeral
Ordinaria ou Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de
dous anos, renovándose a partir do segundo ano, cada ano a metade
dos membros.
Artigo
10.: Os membros da Xunta Directiva que
esgotaran o prazo para o que foron elixidos, continuarán ostentando
o seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que
os van sustituir.
Artigo
11º.: A elección dos membros da Xunta
Directiva pola correspondente Asamblea, será polo procedemento de
listas abertas.
Artigo
12º.: A Xunta Directiva elixirá de entre os
seus membros os cargos correspondentes e quedara constituida no prazo
de 10 dias naturais despois da realizacion da Asamblea. E despois
informarase os socios da sua composicion.
Artigo
13º.: As vacantes que se puidesen producir
por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, ou
por incumprimento das obrigas inherentes ó cargo, poderán cubrirse
provisionalmente por membros que designen a Xunta Directiva, ata que
se celebre a primeira reunión da Asamblea Xeral.
Artigo
14º.: As facultades da Xunta Directiva
estenderanse, con carácter xeral, a tódolos actos propios das
finalidades da Asociación, sempre que non requira, segundo estes
Estatutos, autorización expresa da Asamblea Xeral.
Son facultades particulares da Xunta Directiva:
a)
Programar e dirixi-las actividades da Asociación e leva-la xestión
económica e administrativa, acordando realiza-los oportunos actos e
contratos.
b)
Executa-los acordos da Asamblea Xeral.
c)
Formular e someter á aprobación da Asamblea Xeral os balances,
contas e programa anual de actividades.
d)
Resolver sobre a admisión de socios se fose necesario.
e)
Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.
f)
Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da
Asamblea e sexa conforme segundo á lei.
g)
Salvagardar o cumprimento dos fins estatuarios.
Artigo
15º.: O Presidente/a terá as seguintes
atribucións: Representar legalmente á Asociación ante toda clase
de Organismos Públicos ou privados; convocar, presidir e levanta-las
sesións que celebre la Asamblea Xeral e a Xunta Directiva, así como
dirixi-las deliberacións dunha e doutra; ordenar pagos e asinar
xunto co Administrador/a-Tesoureiro/a os libramentos, cheques, etc.;
recibir no nome da Asociación calquera cantidade proveniente de
subvencións de Entidades Públicas e/ou privadas; autorizar coa súa
sinatura os documentos, actos e correspondencia da Asociación;
adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación
aconselle, ou no desenrolo da súas actividades resulte necesaria ou
conveniente, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta
Directiva; asumirá tamén, en todo caso, tódalas facultades que a
Lei establece.
Artigo
16º.: O Secretario/a terá ó seu cargo a
Dirección dos traballos meramente administrativos da Asociación,
expedirá certificacións, levará os Libros da Asociación
legalmente establecidos e o ficheiro de Asociados e custodiará a
documentación da Entidade, facendo que se cursen as comunicacións
sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais
inscritibles nos correspondentes rexistros, así como a presentación
das contas anuais e do programa de actividades e o cumprimento das
obrigas documentais, nos termos que legalmente correspondan; ademais
velará pola conservación do locais sociais e gardará o selo da
Asociación.
Artigo
17º.: O Administrador/a-Tesoureiro/a estará
encargado de recadar e conserva-los fondos e bens da Asociación.
Levará o Libro de Caixa e asinará os libramentos de fondos xunto co
Presidente/a; elaborará o proxecto de presupostos que a Xunta
Directiva debe presentar ante a Asamblea Xeral e preparará as contas
que deban someterse a dita Asamblea.
Artigo
18º.: Os Vocais terán as obrigas propias do
seu cargo como membro da Xunta Directiva e poderán recibir por
acordo desta o encargo de presidir ou coordinar grupos de traballo,
así como a execución de encargos, comisións, representacións e
outras tarefas que pola Xunta Directiva lle fosen encomendadas.
Artigo
19º.: As vacantes que se puidesen producir
durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán
cubertas provisionalmente entre os devanditos membros ata a elección
definitiva pola Asamblea Xeral.
CAPÍTULO
III
ASAMBLEA
XERAL
Artigo 20º.:
A Asamblea Xeral é o órgano supremo e soberano
da Asociación e estará integrada por tódolos socios/as.
Artigo 21.:
As reunións da Asamblea Xeral serán ordinarias e
extraordinarias. Será obrigado celebrar como mínimo unha Asamblea
Xeral ordinaria ó ano, dentro dos catro meses seguintes ó peche do
exercicio e nela propoñerase a aprobación das contas e presupostos
e programa xeral da actuación social. Tamén nela se procederá á
elección de membros da Xunta Directiva cando corresponda por
imperativo estatutario; as extraordinarias celebraranse cando as
circunstancias o aconsellen, a xuízo do Presidente, cando a Xunta
Directiva o acorde ou cando o pida ou solicite formalmente por
escrito ó menos un tercio dos asociados.
Artigo 22º.:
As convocatorias das Asambleas realizaranse por escrito expresando o
lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día con
expresión concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o
día sinalado para a celebración da Asamblea haberán de mediar ó
menos 15 días se esta e Extraordinaria e 5 dias se a Asamblea e
Xeral , pudendo do mesmo xeito facerse constar a hora na que se
reunirá a Asamblea na cal entre unha convocatoria e outra poida
mediar un prazo inferior a media hora.
Artigo 23º.:
As Asambleas xerais, tanto ordinarias como
extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira
convocatoria cando concorran a ela a maioría dos asociados e en
segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados
presentes. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas
presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen os
negativos non sendo computables a estes efectos os votos en branco
nin as abstencións.
Artigo 24º.:
Será necesario o voto favorable dos dous tercios dos asociados
presentes na Asamblea para adoptar as seguintes decisións:
a) Nomeamento das
Xuntas Directivas.
b) Disposición e
alleamento de bens.
c) Solicitude de
Declaración de utilidade Pública da Asociación.
d) Integración en
Federacións.
e) Modificación
Estatutaria.
CAPÍTULO
IV
SOCIOS
Artigo 25º.:
Poderán ser membros da Asociación tódolos pais, nais ou titores/as
dos alumnos/as que cursan estudios no C.E.I.P. San Benito de Lerez.
. Cada familia aporta unha única cota, coa que se integran como
membros da Asociación, disfrutando dos dereitos e deberes que isto
conleva.
Artigo 26º.:
Serán dereitos dos asociados/as:
a) Elixir, ser
elixible para tódalas funcións representativas da Asociación.
b) Ter voz e voto nas
reunións da Asociación.
c) Tomar parte en
tódalas actividades da Asociación e utiliza-los servicios que
poidan establecerse en beneficio dos socios.
d) Dirixir peticións
e propoñer iniciativas ós Órganos de Goberno da Asociación.
e) Recadar e recibir
da Xunta Directiva canta información precisen sobre a xestión
asociativa.
f) Asistir a tódalas
reunións e actos convocados pola Xunta Directiva.
g) Colaborar
activamente no cumprimento dos fins da Asociación e na execución e
eficacia dos mesmos.
Artigo 27º.:
Serán deberes dos socios/as:
a) Observar e
cumpri-los estatutos da Asociación e os acordos da Asamblea.
b) Contribuír
económicamente ó sostemento da asociación na forma e modo que se
estableza.
Artigo 28º.:
Causarase baixa na Asociación:
a) Por petición do
interesado/a.
b) Por baixa dos
fillos/as ou tutelados/as matriculados no Centro.
c) Por incumprimento
dos Estatutos.
d) Por utilización
da Asociación con fins alleos ós específicos da mesma.
Para excluír a
calquera socio/a polas causas do apartado d) e mais e) do anterior
artigo, deberá abrirse un expediente pola Xunta Directiva no que se
sinalarán detalladamente os feitos que orixinan a expulsión. Do
mesmo xeito, deberase oír ó propio expedientado que poderá
presentar un prego de descargo alegando o que considere conveniente
na súa defensa e que se unirá o expediente que estudiará a Xunta
Directiva e propoñerá a decisión que considere oportuna. Se optase
pola expulsión, presentaraa na próxima Asamblea Xeral que despois
de oír á Xunta Directiva e ó Socio/a, se o solicitase, tomará
unha decisión que será inapelable.
CAPÍTULO
V
PATRIMONIO
Artigo 29º.:
Os recursos económicos para o desenvolvemento
dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
a) As cotas dos socios
extraordinarias, que serán determinadas pola Asamblea Xeral a
proposta da Xunta Directiva.
b) As subvencións,
legados ou doazóns que puidera recibir de forma legal e que sexan
aceptados, tanto que proveñan de persoas físicas como xurídicas.
c) Calquera outro recurso
de procedencia lícita.
Artigo 30º.:
A Asociación carece de patrimonio fundacional. O patrimonio social
que se vaia constituíndo estará composto por tódolos bens que se
adquiran para a realización dos fins e actividades sociais e
educativos. A súa administración corresponde á Xunta Directiva.
Artigo 31.:
O exercicio asociativo e económico coincidirá co inicio e
finalización do curso escolar que fixe a Administración Educativa
para cada ano académico.
CAPÍTULO
VI
DISOLUCIÓN
Artigo 32º.:
Esta Asociación disolverase voluntariamente cando así o acorden a
Asamblea Xeral convocada ó efecto e por acordo dunha maioría dos
dous tercios dos asociados.
Artigo 33º.:
En caso de disolución nomearase unha comisión liquidadora, a cal,
unha vez extinguidas as débedas e de existir sobrante líquido
destinarase a aquelas entidades sen fin de lucro adicadas á
realización de fins educativos cun espírito similar ó que anima a
esta asociación e que se sinalará na Asamblea Xeral na que se
acorde a liquidación.
DISPOSIÓN
ADICIONAL
En todo canto
non estea previsto nos presentes estatutos aplicarase a vixente Lei
Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación,
así como a Lei Orgánica 8/1985 reguladora do Dereito á Educación
do 3 de Xullo de 1985 e demais disposicións específicas de
aplicación provenientes da Comunidade Autónoma de Galicia o do
Dereito Estatal Supletorio en ausencia do autonómico segundo dispón
a Constitución Española.
No hay comentarios:
Publicar un comentario